Feira do Viño de Valdeorras
XXV Feira do Viño de Valdeorras, os días 1 e 2 de xunio, na praza Ramón Otero Pedraio (Viloira)
Programa:
Sábado 1 de xuño:
12.30 horas – Xabier Fortes, xornalista, será o pregoeiro desta edición.
20.00 h – Cata de viños da D.O. Valdeorras maridados cunha selección de pinchos elaboras polo Bajo 5 (Xardíns da Casa Grande. Prezo 10 €).
21.000 h – Cata dunha selección de viños da D.O. Valdeorras maridados con embutidos artesáns da comarca (Xardíns da Casa Grande. prezo 10 €).
23.00 h – Concerto do grupo «Los Alcántara».
Domingo 2 de xuño:
11.00 h – Cata popular dunha selección dos mellores viños presentes na feira (actividade gratuíta).
20.30 h – Showcooking co prestixioso cociñeiro Xosé Manuel Mallón.
21.00 horas – Entrega de premios de cata popular.
Actividades para os máis pequenos
-Nos xardíns da Casa Grande de Viloira haberá divertidos inchables de diferentes tamaños para os cativos durante toda a feira, o sábado e o domingo, pola mañá e pola tarde.
Música en directo
Durante toda a xornada do sábado a Charanga Os Caliqueños amenizará a feira con música en directo. O domingo día 2 actuará a Charanga BB+, durante toda a xornada.