Exposición en Casaio dos restos arqueolóxicos atopados na «Cidade da Selva»
Dende hoxe ata o próximo día 30 de setembro poderá verse o material recuperado nas escavaciois que se realizaron o pasado xullo nesta localidade de Valdeorras
Os restos do campamento da guerrila antifranquista recuperados polo equipo de investigadores de Sputnik Labrego hai dous meses, estarán expostos ao público nas antigas escolas de Casaio ata o vindeiro domingo de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
O importante material arqueolóxico atopado tamén será analizado por diversas universidades de Galicia, Euskadi e mesmo Brasil. Segundo afirman os coordinadores das escavaciois, Alejandro Rodríguez e Carlos Tejerizo, «o material recuperado foi sorprendente e a súa análise exhaustiva permitiranos extraer moita e valiosa información sobre a vida cotiá da guerrilla durante os anos 40».
Entre os obxectos que recuperaron nos chozos dos guerrilleiros se poideron atopar dende munición ou obxectos da vida cotiá, ata restos de mobiliario ou de alimentos. Vestixios do que foi «a vida cotiá das persoas, qué comían, por onde ían, que tipo de roupas levaban, de onde sacaban as armas, etcétera».
Foto: Sputnik Labrego