A guerra esquecida: volframio, modernidade e patrimonio industrial
O Consello da Cultura Galega organiza este encontro monográfico co patrimonio cultural o 17 de setembro en Casaio
O patrimonio industrial é un dos testemuños materiais máis expresivas do proceso de emerxencia da modernidade e da transformación definitiva das sociedades labregas tradicionais. Porén, trátase dun patrimonio moi pouco recoñecido e valorado no contexto do noroeste peninsular.
É neste contexto, ademais, onde se desenvolveu unha industria particular na metade do século XX: a minaría de volframio. Unha minaría que caracterizou a chamada «guerra do volframio» dos anos 40 e 50.
A partir da proposta de recuperación e de declaración como BIC da mina de volframio de Casaio, e doutros exemplos de posta en valor como a mina de Fontao, O Consello da Cultura Galega presenta este encontro para discutir sobre o papel, posibilidades e límites do patrimonio industrial dentro das políticas patrimoniais de Galicia.
A pesar de que o evento é gratuíto, as prazas xa están esgotadas, polo que abrirase unha listaxe de agarda. As persoas interesadas en asistir teñen que enviar un correo a difusion@consellodacultura.org.
Programa
VENRES, 17 DE SETEMBRO
Sesión da mañá
12:00 horas
Chegada a Casaio. Explicación xeral, visita pola aldea e exposición de materiais da guerrilla.
Sesión da tarde
16:00 horas
Presentación
Rebeca Blanco Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG
Laura Martínez Panizo, investigadora do Grupo de Investigación Patrimonio Minero del Noroeste Industrial
16:30 horas
Museo Nacional de la Energía: o valor esencial do territorio
Esther Aparicio Rabanedo, Proxecto do Museo Nacional de la Energía
17:00 horas
O patrimonio industrial da mina de Fontao
Diego Casal, enxeñeiro de Minas
17:30 horas
Descanso18:00 horas
Presentación do libro ¿Dónde está nuestro pan?
Abel Aparicio, escritor
18:30 horas
Volframio, guerrilla e imaxinario na cultura galega: viaxes no silencio
Manuel Gago, escritor, xornalista e divulgador científico, CCG
19:00 horas
Sputnik Labrego: Francisco Alonso Toucido, Mario Fernández Pereiro, Laura Martínez Panizo, Carlos Tejerizo e Diego Torres Iglesias: presentación do proxecto de declaración de BIC da mina de volframio de Casaio
19:30 horas
Debate
Moderadora: Encarna Otero Cepeda, Universidade de Santiago de Compostela
20:30 horas
Peche do encontro