O «Congreso Internacional sobre el Neolítico en la Península Ibérica» e as pinturas de Casaio
O «VII Congreso Internacional sobre el Neolítico en la Península Ibérica» terá a súa sede principal na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Sevilla, dende o 29 de xaneiro ao 1 de febreiro do 2020
Os congresos internacionais sobre o neolítico na Península Ibérica deron comezo no ano 1995, ano en que tivo lugar a primeira xuntanza, a partires dese momento as demáis convocatorias veñen tendo regularidade anual.
O obxectivo principal é a posta en común dos traballos de investigación máis recientes sobre o Neolítico no ámbito da Península Ibérica, época de especiais transformacións na Prehistoria occidental.
O grupo Sputnik Labrego, cuxo obxectivo principal é o da investigación e análisis das formas de resiliencia e adaptación das sociedades labregas galegas perante procesos históricos de grandes transformacións, xunto ao profesor Manuel Santos Estévez da Universidade do Minho, presentarán unha comunicación no congreso baixo o título «Mirando ao noroeste. Pintura de tradición esquemática de Pala de Cabras (Ourense)». Nesta comunicación expoñeranse os resultados das investigacións realizadas desde o descubrimento das pinturas de Casaio hai un ano.
As primeiras análises deron como resultado o achado de ata 25 motivos pictóricos, incluíndo tres ídolos oculados, cuxo elemento común son os grandes ollos, motivos moi característicos do terceiro milenio, e un dos escasos exemplos no noroeste peninsular.
A comunicación posibilitará poñer en coñecemento da comunidade científica os resultados co obxectivo de poñela en valor e esclarecer as dúbidas que puidesen existir sobre a autencidade das pinturas a través da comunidade científica.